Pegadas

Pegadas

martes, 20 de junio de 2017

PROTECTORA DE ANIMAIS

Xa estamos de volta da excursión a Madrid e empezamos xa  a marcar traballo para o curso que ven, o 2017-2018...
Queremos crear unha protectora de animais pero para iso hai que ir pasiño a pasiño, moi despaciño... e cunha certa orde:

O primeiro pensar un nome e deseñar un logo...xa vos iremos informando!!!!!

jueves, 1 de junio de 2017

CARTEIS ORTOGRÁFICOS

Unha maneira divertida de traballar as regras ortográficas tanto en língua castelá como en língua galega...

Empregamos as nosas mascotas para amosalas dunha maneira divertida e atraínte





domingo, 23 de abril de 2017

FROITOANIMALIA

Desenvolvendo a creatividade e contando coa implicación das familias mediante o traballo das tarefas familiares un grupo de alumnos e alumnas deseñaron animais ou mascotas coa froita que logo degustou...


ÑAM, ÑAM...QUE RICA ESTÁ!!!























miércoles, 29 de marzo de 2017

ROMPE-CONTOS

Coa técnica de rompe-contos cambiamos de xénero as persoaxes dos contos tradicionais e, desta maneira, rompemos os estereotipos sexistas para ofrecer alternativas de outra forma de ser de homes e mulleres, construindo historias en torno a valores como a igualdade, a xustiza e a paz. Os novos contos falan de princesas e mulleres valentes e decididas e príncipes e homes que fan as tarefas do fogar, bruxas sabias e bondadosas, etc. Posteriormente, tras ter coñecido ás persoaxes, realizamos actividades e debates onde reflexionar sobre as mensaxes dos contos. Esta é unha actividade cunha función coeducativa fundamentada en valores positivos e igualitarios, que favorecerán o desenvolvemento pleno de nenos e nenas.
Tamén hai personaxes animais , polo que así pode formar parte deste programa, xa que OS ANIMAIS FORMAN PARTE DAS NOSAS VIDAS E OS NOSOS CONTOS.


martes, 28 de marzo de 2017

CHARLA DA VETERINARIA


Luns 27 de marzo, estamos na aula de audiovisuais esperando a unha veterinaria, Isolina, asentada dende moi xoven na vila, atraída polo amor ás vacas. Despois namorouse, casouse e xa é unha arzuana.




Ven a darnos unha charla informativa sobre MASCOTAS, os seus coidados, mimos e moitas cousas máis!



                           Benestar animais compañia de Rosa María Cajade Rodríguez

Os nenos e nenas de 5º fixeron uns traballos onde se reflexa todo o que aprenderon e preguntaron...


miércoles, 22 de marzo de 2017

TALLER DE LITERATURA

En quinto adicámonos a facer un taller literario onde va saír diferentes tipos de textos:


  • Unha obra de teatro moi peculiar, os protagonistas son animais!!!!

 Agardamos facer a representación para os demáis compañeiros e compañeiras do cole!!!!



CARTA MOTIVACIÓN



  • Tamén fixemos doce e tenras poesías adicadas ao mundo animal!!!

Resultado de imagen de dibujos animales













Somos poetas e poetisas que adicamos o noso tempo a construir, expresar sentiementos, emocións.
Agardamos disfrutedes tanto coma nós lendo, sentindo e, porque non, emocionándose.